Asóciate
Participa

¿Quieres participar?

Estas son algunas maneras para colaborar con el movimiento laicista:

  1. Difundiendo nuestras campañas.
  2. Asociándote a Europa Laica.
  3. Compartiendo contenido relevante.
  4. Formando parte de la red de observadores.
  5. Colaborando económicamente.

CCOO-Ensino resposta á nota de prensa publicada en EL PAÍS o pasado sábado 9 de xuño

CCOO DESMINTE A SUPOSTA REIVINDICACI?N DE QUE OS DOCENTES DE RELIXI?NS SE CONVIRTAN EN FUNCIONARIOS

Ante a información difundida por EL PAÍS o sábado 9 de xuño sobre a situación do profesorado de relixións e os seus supostos privilexios sobre o resto de docentes, CCOO quere saír ao paso deixando claros os seus principios e as liñas de actuación da súa política sindical e educativa:

A ninguén medianamente informado escápaselle que CCOO, desde a súa fundación e na súa definición congreso tras congreso se declarase como sindicato laico e defensor da escola laica. Polo que calquera que queira facerlle parecer cómplice dos intereses da xerarquía de tipo relixioso ou de calquera outra índole allea aos intereses dos traballadores, equivócase de principio a fin. Cremos que nas hemerotecas abonda documentación respecto diso.

Queda absolutamente claro, observando os documentos públicos e a traxectoria de CCOO, que non se desviou deses principios en ningún momento.

Así mesmo debe quedar meridianamente claro que CCOO ten entre os seus obxectivos defender os intereses lexítimos de todos os traballadores, sen discriminación de sexo, relixión ou etnia. Nin pide declaración de "cristián vello" nin de apóstata confeso, a nosa laicidade está a proba de afirmacións mal intencionadas.

CCOO quere deixar claro que ven denunciando ante todos os gobernos e ante todos os partidos políticos o vixente Acordo Internacional co Estado Vaticano obtendo por resposta a máis absoluta ambigüidade, xa for pola presenza da relixión na escola, ou polo cobro do IBI a todas as confesións relixiosas. Seguimos esperando a súa denuncia.

CCOO non avala o actual sistema de acceso á docencia, que dista moito dos seus postulados programáticos, polo tanto tampouco o da por válido para o profesorado de relixións. CCOO defendeu a este colectivo, e seguirá facendoo mentres se pretenda seguir discriminando, perseguindo e despedindo por causas morais e privadas (divorcios, matrimonios civís…..). Non todos os sindicatos e partidos supostamente progresistas poden dicir o mesmo.

CCOO conseguiu pola vía da negociación que se regule un sistema de listas de contratación transparentes dentro da lexislación vixente que garanta a defensa dos profesores e profesoras das relixións contra calquera tipo de arbitrariedade por parte das xerarquías relixiosas ou de calquera outra índole allea ós intereses dos trabaladores e traballadoras, tal e como pretende en todos os casos de acceso á función pública.

Total
0
Shares
Artículos relacionados
Total
0
Share