Asóciate
Participa

¿Quieres participar?

Estas son algunas maneras para colaborar con el movimiento laicista:

  1. Difundiendo nuestras campañas.
  2. Asociándote a Europa Laica.
  3. Compartiendo contenido relevante.
  4. Formando parte de la red de observadores.
  5. Colaborando económicamente.

Carta aberta aos reitores das universidades galegas

CARTA ABERTA AOS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

 

Sr. D.Juan J. Casares Long, Excmo. Sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Sr. D. Xosé Luís Armesto Barbeito, Excmo. Sr. Reitor da Universidade de A Coruña

Sr. D. Salustiano Mato de la Iglesia, Excmo. Sr. Reitor da Universidade de Vigo

 

Señores reitores,

Un ano máis as universidades van celebrar o seu día de festa rendindo culto a un “santo”  da Igrexa Católica Apostólica e Romana. Do mesmo xeito que -con moi contadas excepcións- cada un dos centros -facultades e escolas-, celebra o seu particular día baixo a forma de “día do patrón”.

Dende EUROPA LAICA – GALICIA instámolos, Señores Reitores, a que poñan definitivo remedio a este oprobio. Dean vostedes as instruccións oportunas para que de aquí en diante todas as celebracións universitarias teñan un estricto carácter civil e se elimine das mesmas  toda referencia relixiosa. Non hai nada que deliberar; é ben sinxelo, trátase simplemente de cumprir a Constitución: España é un país “aconfesional”.

Chama a escándalo que cando están a punto de cumprirse 40 anos da morte do dictador as universidades continúen sumisas ao “nacional-catolicismo”.

Certo que a pervivencia dos actuáis acordos coa Igrexa Católica, herdeiros do Concordato, e a actitude de sumisión dos principais partidos –manifesta na súa empecinada negativa a denunciar os acordos – poñen de manifesto que a morte do dictador non supuxo o final do “nacional-catolicismo”. Por iso aínda hoxe unha organización como EUROPA LAICA – GALICA segue a ser necesaria.

Nesta situación na que a Igrexa Católica exhibe con descaro o seu poder para impoñer leis que reforzan os seus privillexios e coutan os dereitos da cidadanía, resulta particularmente escandalosa a sumisión das universidades públicas á organización que máis ten combatido a ciencia e o desenvolvemento do saber en España, unha das forzas maximamente responsables do atraso democrático, científico e económico de España.

As universidades só poden estar sometidos ás forzas e ás tensións da razón, o diálogo racional, a palabra que é de todos, a palabra que nunca pode estar sometida á sanción de ninguna figura sagrada, a palabra que só vive no diálogo racional entre homes e mulleres libres e autónomos/as.

A Universidade é constitutvamente “laica” (laikós = aquel/a que é do pobo) e como tal non pode deixar de afirmar a soberanía da razón e autonomía moral non só fronte a toda forma de crenza ou doutrina relixiosa, senón tamén fronte á  “tradición”.

logo Galicia Laica

Archivos de imagen relacionados

  • logo Galicia Laica
Total
0
Shares
Artículos relacionados
El presidente de La Rioja y el del Parlamento asisten a la misa en la que el alcalde de Logroño hace su ofrenda a la Virgen de la Esperanza
Leer más

Autoridades públicas en actos religiosos

De España:
Total
0
Share