Asóciate
Participa

¿Quieres participar?

Estas son algunas maneras para colaborar con el movimiento laicista:

  1. Difundiendo nuestras campañas.
  2. Asociándote a Europa Laica.
  3. Compartiendo contenido relevante.
  4. Formando parte de la red de observadores.
  5. Colaborando económicamente.

Ana Prieto, concejala PSOE Lugo: “Temos a firme vontade política de cobrarlle o IBI á Igrexa, pero para acadalo actuaremos sempre conforme á lei”

“Temos a firme vontade política de que o Concello lle cobre o IBI á Igrexa, sobre todo cando saca rendibilidade económica dos seus bens, e traballamos para conseguilo, pero actuando sempre conforme á legalidade vixente. Estamos nunha democracia, non nunha república bananeira”. Así respondeu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, ás declaracións do grupo municipal de Lugonovo nas que ameazou ao Goberno con levalo aos xulgados se non lle cobra o IBI á Igrexa por aqueles locais que desenvolven unha actividade económica.

A edil detecta en Lugonovo “unha escalada de manifestacións cun preocupante grao de irresponsabilidade, demagoxia e pouca meditación, quizais simplemente por ocupar un titular. Hai uns días aludiu a un trastorno neurolóxico como o autismo para referirse a unha suposta actitude do Goberno e agora ameázanos con ir ao xulgado se non se lle cobra o IBI á Igrexa”.

“Responsabilidade”, pediu Prieto, quen lamentou que, antes de facer este tipo de declaracións, este partido “non se dirixa aos técnicos municipais para preguntar, nin opte polo diálogo, que precisamente o Goberno abriu coa creación dunha mesa de traballo para a revisión das ordenanzas”. Se o fixese, “explicaríamoslle cal é a situación, como xa o fixemos con outras formacións políticas que se interesaron por esta mesma cuestión”.

Ditame da Asesoría Xurídica e do Supremo
Neste senso, a Concelleira de Economía informou de que, nesta vontade política de buscar vías legais para proceder ao cobro do IBI ao aparcadoiro do Seminario, ben co que a Igrexa obtén rendibilidade económica a través do seu arrendamento, o Goberno encargou á Asesoría Xurídica un informe que conclúe –con data do 1 de decembro do 2015- que non é procedente o cobro deste imposto. Só uns días despois, o 10 de decembro, o contido deste ditame municipal foi ratificado por unha sentenza do Tribunal Supremo en análogos termos, determinando que resulta de aplicación a exención recollida no artigo 15 da Lei de Mecenazgo nos inmobles arrendados, só estando obrigada ao pago cando neles se realice por conta propia unha actividade económica non exenta do imposto de sociedades.

Prieto subliñou que o cobro do IBI “era unha cuestión resolta administrativamente”, pois en 2013 foi estimado un recurso de reposición interposto pola Diócese de Lugo á liquidación do IBI que lle pasou o Concello polo aparcamento do Seminario, ademais de existir un informe do xefe de servizo de Facenda Local dese mesmo ano no que ratifica o criterio xurídico cristalizado na resolución do recurso de reposición. Sen embargo, froito “da vontade política e dunha lexítima discrepancia, decidimos reabrir esta cuestión solicitando un informe á Asesoría Xurídica, cuxo contido foi ratificado polo Supremo”.

Deste xeito, dende o Goberno “seguiremos reivindicando os cambios lexislativos necesarios e buscando todas as posibilidades para cobrar o IBI á Igrexa, “unha medida que defendemos porque é de xustiza, pero axustándonos en cada paso á Lei”.

Total
0
Shares
Artículos relacionados
Total
0
Share