Galicia Laica bota a andar a Campaña NON MARQUES NINGUNHA CASA na declara ción da Renda. O pasado 21 de Abril en Vigo, 2 persoas socias repartimos volandeiras e ofreceron informaciòn ás persoas que se interesaron polo noso posto.
Europa Laica denuncia a situación de privilexio inxustificado ( vulnerando o principio constitucional polo que ningunha relixión ten carácter estatal) en que se sitúa a Igrexa Católica, ao ofrecer ao contrubuínte a posibilidade de detraer unha parte dos seus impostos, que son de toda a cidadanía, para o mantemento da xerarquía eclesial. Asimesmo desvirtúa o deber de atención aos fins de interese social, que deben ser definidos e fiscalizados polo Parlamento e formar parte dunha poítica de Estado.
Prevemos repetir esta acción de rúa o 12 de maio na mesma cidade para facilitar a información veraz á cidadanía, confundida polas campañas enganosas que as organizacións vinculadas a Igrexa Católica publican con grandes recursos nos principais medios do país.