Asóciate
Participa

¿Quieres participar?

Estas son algunas maneras para colaborar con el movimiento laicista:

  1. Difundiendo nuestras campañas.
  2. Asociándote a Europa Laica.
  3. Compartiendo contenido relevante.
  4. Formando parte de la red de observadores.
  5. Colaborando económicamente.

Exorcismos no Santuario de Corpiño de Lalín

En 1972 estreouse o documental "Lejos de los árboles", de Jacinto Esteva, unha película que recolle distintas tracións do Estado relacionadas coa dor e coa morte. 
 
Unha parte dese documental está rodado no Santuario do Corpiño, en Lalín, un dos lugares máis visitados de Galicia polos crentes católicos. As peregrinacións de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na romaría celebrada entorno o 23-24 de xuño e que coincide, curiosamente, co solsticio de verán. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co máis alá, como feitizos, meigallos, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas. 
 
De feito, o Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican exorcismos para sacar o demo ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Un rito onde se mesturan relixión e bruxería para tentar curar doenzas que a medicina tradicional supostamente non pode solucionar.
 
O documental de Esteva recolle imaxes destas prácticas con imaxes que poden ser as primeiras que se teñan e que datan de mediados dos anos 60.

Santuario de Corpiño de Lalín

Total
0
Shares
Artículos relacionados
Total
0
Share