Etiquetado: Laureano Xoaquín Araujo Cardalda

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro: a coraxe cívica laicista

Non é pouco o que a corporación católica conseguiu coa Constitución Española, cos acordos concordatarios de 1979 e coa lexislación en materia relixiosa: nada menos que estatalizarse. É dicir, institucionalizar a súa intervención na formulación e na implementación de políticas públicas en varios campos. O realmente preocupante é que hai razóns para pensar que a rixidez institucional deste arranxo podería ser incompatíbel coa democracia: perpetúase a desigualdade entre os cidadáns...

Laicidade. Unha reflexión (moderada) en época electoral

Timbuktu, o excelente e admirábel filme de Abderrahmane Sissako que está a proxectar o cinema NUMAX, recentemente inaugurado en Compostela, amósanos dun xeito impactante a devastación que é quen de causar unha relixión no seo dunha sociedade desprovista dos recursos institucionais necesarios para garantir unha convivencia respectuosa cos dereitos humanos. Podemos pensar, con razón, que nesta materia estamos ben lonxe da situación retratada na película. Certamente, demos, en numerosos ámbitos...