Críticas polos ritos relixiosos nas escolas durante o Nadal

Europa Laica-Galicia denuncia «a vulneración da necesaria neutralidade relixiosa» pola celebración dalgúns actos.

Europa Laica-Galicia alerta sobre a presenza de ritos e símbolos relixiosos con motivo dos festivais escolares que durante estas semanas estanse realizando nos centros de ensino.
 
Nun comunicado, esta entidade alerta de que, coas festividades de Nadal se puidera producir nalgún centro "a vulneración da necesaria neutralidade relixiosa que debe observase nos centros educativos públicos". Por iso, lembra que, baixo estes festivais, "non pode ampararse o emprego de simboloxía confesional ou a difusión de doutrina relixiosa dentro do horario lectivo dos centros educativos públicos".
 
"Ante as consultas que recibimos de docentes e pais sobre a posibilidade de que nalgúns centros se produzan actos que sexan contrarios ao principio de neutralidad relixiosa, Europa Laica-­Galicia permanecerá atenta e realizará as actuacións que sexan precisas para denunciar estas situacións", conclúe.
Print Friendly, PDF & Email

También te podría gustar...