A asociación Galicia Laica denuncia ante Educación a «imposición da relixión» nas webs de escolas de Pontevedra

Os 69% dos centros públicos da provincia amosan «contido relixioso» nos espazos comúns virtuais, segundo os denunciantes.

A asociación Galicia Laica vén de interpoñer unha denuncia ante a Consellería de Educación contra a «imposición da relixión» por parte do 69% dos centros públicos de primaria da provincia de Pontevedra.

Segundo informan os denunciantes nunha nota difundida a medios, as escolas «exiben nos seus blogs en aberto contidos relixiosos», feito que a asociación considera unha «vulneración dos dereitos fundamentais» de alumnos e pais en materia de liberdade relixiosa.

«As familias que non solicitaron estes contidos teñen dereito a que non sexan impostos ós eus fillos no espazo común virtual», explican. A asociación defende que os materiais relixiosos sexan «de acceso restrinxido» para os que os soliciten expresamente.

Polo de agora, apuntan dende a asociación, a denuncia imposta ante a Consellería non tivo resposta.

Print Friendly, PDF & Email

También te podría gustar...